Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2023

O Concello da Coruña adxudica as obras para a renovación do sistema de climatización na Fundación Luis Seoane

Os traballos teñen un prazo de execución de 20 semanas. Levarase a cabo un investimento de 785.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a adxudicación das obras correspondentes á renovación do sistema de climatización da Fundación Luis Seoane, unha intervención que executará a empresa Seranco e na que o Concello levará a cabo un investimento de 785.000 euros.

A alcaldesa, Inés Rey, apuntou hoxe en rolda de prensa que estas obras -que desde a súa posta en marcha terán un prazo de execución de 20 semanas- permitirán solucionar os problemas de climatización do edificio.

"É unha actuación precisa para poder acometer, despois, o problema das filtracións que sofre o inmoble desde hai anos, o que se levará a cabo unha vez esté finalizada esta intervención para deixar á Luis Seoane plenamente operativa".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión