13 de novembro de 2022
A xornada, con asistencia de balde ata completar capacidade, terá lugar no Paraninfo da UDC e contará coa participación de recoñecidos divulgadores científicos e dietistas, como Deborah García, Aitor Sánchez e Aroa Arias
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, promove o vindeiro 18 de novembro o 'Foro de Comercio de Proximidade, Consumo Responsable, Alimentación e Hábitos Saudables', que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC).
O obxectivo deste foro, de carácter formativo, participativo e orientado ao debate, é fomentar os principios que deben presidir o comercio local coa fin de garantir os dereitos das persoas consumidoras. Ademais, analizarase a importancia dos produtos de proximidade coa finalidade de fomentar hábitos sostibles e saudables, así como a súa incidencia na calidade de vida da cidadanía.
Esta xornada, que se levará a cabo o venres 18 en horario de mañá (de 9.00 a 14.00 horas), contará coa participación de especialistas e divulgadores científicos cun amplo percorrido profesional no eido do consumo e a alimentación, como a doutora en bioquímica Griselda Herrero, a dietista-nutricionista Adriana Fernández, o investigador e tecnólogo alimentario Aitor Sánchez, a divulgadora científica Deborah García, e a dietista especializada en nutrición materno-infantil Aroa Arias.
O programa completo da xornada é o seguinte:
A asistencia ao foro, de balde ata completar capacidade, require inscrición previa. Pode solicitarse a inscrición a través do correo electrónico foroalimentacion2022coruna@gmail.com, indicando o nome completo da persoa interesada, así como un teléfono de contacto.
As solicitudes serán admitidas respectando a orde cronolóxica de recepción ata cubrir a capacidade do recinto. Máis información, no teléfono da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), o 981 189 820, ou a través do 010.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible