Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2026

O Concello impulsa a reparcelación do soar de Defensa en Agrela, coa previsión de habilitar espazos para o futuro servizo de transporte urbano

O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou hoxe da aprobación inicial do proxecto, que estima a recuperación dunha superficie de 21.000 metros cadrados no terreo

O Goberno municipal avanza cos trámites necesarios para concretar a reparcelación do antigo Cuartel de Automóbiles de Agrela, un soar que pertence ao Ministerio de Defensa e onde está previsto efecutar un repartimento dos terreos que lle permitiría ao Concello dispor do espazo necesario para acoller novos equipamentos públicos.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Executivo local, José Manuel Lage, informou esta mañá da aprobación inicial do proxecto de reparcelación, que chega a este punto tras varios meses de traballo e con todos os informes técnicos favorables.

Lage lembrou que esta parcela, lindeira á estrada de Baños de Arteixo, leva sen uso moitos anos. Tal e como indicou o edil na rolda de prensa desta mañá, o obxectivo do Goberno de Inés Rey é obter parte do soar para urbanizalo "porque entendemos que, pola súa localización, pode ser un enclave de grande utilidade para albergar dependencias que faciliten a loxística do transporte urbano con vistas ao novo contrato que imos licitar proximamente".

O proxecto de reparcelación que está a promover o Concello contempla dispor de algo máis da metade deste soar, uns 21.000 metros cadrados da superficie total existente (42.000). "Isto, en termos prácticos, outorgaríanos unha edificabilidade de 38.000 metros cadrados. Dita superficie permitirá contar non só con espazo para cocheiras, senón tamén albergar outros servizos públicos que poderían resultar necesarios, e todo isto sen custo algún para o Concello, que doutro xeito tería que desembolsar importantes cantidades para poder disponer de terreos con estas superficies", expuxo o concelleiro.

Tras esta aprobación inicial do proxecto na Xunta de Goberno Local, ábrese un prazo de exposición pública de 30 días, a canle habitual nestes casos antes de proceder á aprobación definitiva do mesmo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión