Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2023

O Concello oferta case 700 prazas nos cursos municipais de iniciación ao golf que se impartirán nos campos da Torre durante o vindeiro ano

Xa se poden presentar as solicitudes correspondentes aos cursos que se levarán a cabo no primeiro trimestre de 2024. O prazo estará aberto ata o vindeiro domingo 10 de decembro, ás 23.59 horas

O Concello da Coruña abriu o prazo de presentación de solicitudes con vistas ao primeiro trimestre dos cursos de iniciación ao golf que terán lugar no Campo Municipal da Torre durante o vindeiro ano.

A oferta total de cara ao 2024 é de 688 prazas, distribuídas en cinco quendas diferenciadas (de xaneiro a marzo; de abril a xuño; xullo; agosto; e de outubro a decembro). Neste sentido, para a quenda inicial prevista nos tres primeiros meses do ano disporanse 144 prazas, con cursos orientados ao público infantil (6-11 anos), xuvenil (12 a 16 anos) e adulto (de 17 anos en diante).

En canto ao primeiro trimestre de ano, as datas de inicio e finalización dos cursos serán as seguintes:

  • Luns e xoves: inicio o 4 de xaneiro e finalización o 14 de marzo de 2024.
  • Martes e venres: inicio o 2 de xaneiro e finalización o 15 de marzo de 2024.
  • Sábados e domingos: inicio o 7 de xaneiro e finalización o 17 de marzo de 2024.

A presentación de solicitudes, ata o domingo 10

Todas as persoas interesadas en presentar a documentación necesaria para optar ás 144 prazas que se ofertan no primeiro trimestre de 2024 xa poden formalizar a súa solicitude. O prazo estará aberto ata o vindeiro domingo 10 de decembro, ás 23.59 horas.

Cómpre lembrar, a este respecto, que terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña e que non participasen xa en convocatorias previas dos cursos municipais de iniciación ao golf.

A dita preinscrición deberá realizarse en liña, a través do formulario xa habilitado na páxina web da Concellaría de Deportes.

Toda a información sobre os cursos municipais de iniciación ao golf poden consultarse na web dos  Cursos de Golf 1.º trimestre 2024 .

A distribución de prazas prevista de cara ao 2024

Xa está definido o cadro de distribución de prazas de cara ás cinco quendas dos cursos municipais de iniciación ao golf en 2024. É o seguinte:

  • Xaneiro-febreiro-marzo: 144 prazas.
  • Abril-maio-xuño: 144 prazas.
  • Xullo: 128 prazas.
  • Agosto: 128 prazas.
  • Outubro-novembro-decembro: 144 prazas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión