3 de febreiro de 2025
O Goberno de Inés Rey organiza un total de 11 cursos dos que se poderán beneficiar 165 persoas
O Concello da Coruña porá en marcha esta primeira semana de febreiro a súa oferta formativa do primeiro semestre do 2025 para persoas desempregadas.
"Desde o Goberno de Inés Rey queremos que a cidadanía se incorpore ao mercado laborar e por iso fomentamos diferentes cursos que permitirán ás persoas participantes adquirir coñecementos que lles farán máis doado optar a distintos traballos", indicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
Para esta primeira metade do ano a oferta formativa municipal, que se impartirá no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, conta cun total de 2.402 horas formativas, repartidas en 11 cursos diferentes. Hai un total de 165 prazas dispoñibles para a cidadanía. As persoas interesadas poden solicitar información a través da servizo municipal de Emprego.
Os cursos desenvolveranse entre o mes de febreiro e o mes de outubro, cunha duración que obscila entre as 30 e as 761 horas. Cada curso terá un máximo de 15 alumnos ou alumnas, o que permitirá unha maior especialización de cada un dos participantes/as. "Ofertamos cursos que teñen un gran valor para entrar rapidamente no mercado laboral, como son os relacionados coa construción, a hostalería ou a capacitación dixital", apunta Diana Cabanas.
Para participar nos cursos de formación, cómpre pedir cita ao servizo de orientación laboral chamando ao 010 ou ao 981 184 399. Un servizo municipal de balde que, a través dun proceso de orientación personal, selecciona os cursos que máis se axustan ao perfil da persoa interesada.
A oferta formativa municipal para o primeiro semestre é a seguinte, por bloques.
Soldadura con electrodo revestido e TIG
Número de alumnos: 15
Inicio e fin: 21 de marzo - 1 de outubro
Horas formativas: 761
Horario: 9.00 a 15.00 horas
Pintura decorativa na construción
Número de alumnos: 15
Inicio e fin: 7 de febreiro - 28 de xullo
Horas formativas: 661
Horario: 8.30 a 14.30 horas.
Operacións básicas de cociña con certificado de profesionalidade
Número de alumnos: 15
Inicio: Marzo
Horas formativas: 365
Horario: 9.00 a 14.00 horas
Operacións básicas de restaurante bar con certificado de profesionalidade
Número de alumnos: 15
Inicio: Marzo
Horas formativas: 305
Horario: 9.30 a 14.30 horas.
Capacitación dixital 1
Número de alumnos: 15
Inicio: Febreiro
Horas formativas: 30
Horario: 9.30 a 13.30 horas
Capacitación dixital 2
Número de alumnos: 15
Inicio: Febreiro
Horas formativas: 30
Horario: 9.30 a 13.30 horas
Capacitación dixital 3
Número de alumnos: 15
Inicio: Maio
Horas formativas: 30
Horario: 9.30 a 13.30 horas
Capacitación dixital 4
Número de alumnos: 15
Inicio: Maio
Horas formativas: 30
Horario: 9.30 a 13.30 horas
Manipulación de carga con carretillas elevadoras
Número de alumnos: 15
Inicio: Abril
Horas formativas: 50
Horario: 9.30 a 14.30 horas
Manipulación de carga con carretillas elevadoras
Número de alumnos: 15
Inicio: Maio
Horas formativas: 50
Horario: 15.30 a 20.30 horas.
Competencias clave
Número de alumnos: 15
Inicio e fin: Do 4 ao 30 de abril
Horas formativas: 90
Horario: 9.00 a 15.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible