Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2024

O Concello pon en marcha un programa de formación para impulsar o desenvolvemento online de pequenos negocios

Os talleres están dirixidos a persoas autónomas, emprendedoras e pequenas empresas da cidade

O Concello da Coruña pon en marcha, a partir do día 6 de xuño, un programa de apoio ás pequenas empresas da cidade, proporcionándolles oportunidades de formación para comezar a desenvolverse ou mellorar o seu posicionamento no entorno online.

Trátase dunha iniciativa do Goberno de Inés Rey destinada a persoas autónomas, emprendedoras e pequenas empresas, co obxectivo de que aprendan a mellorar o seu negocio no entorno online e acaden competencias nas áreas do deseño web, as redes sociais desde o punto de vista empresarial, a visibilidade online, o deseño de marca e branding, a publicidade online, a creación de contidos e a estratexia de negocio.

O programa de formación está composto por oito obradoiros que se impartirán de maneira presencial no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio e constarán dunha parte de formación teórica, de dúas horas de duración, e dun acompañamento individual, de catro horas.

Pódese obter máis información e realizar a inscrición no formulario que figura na seguinte páxina web: https://medra.gal/cursos-papagaio/

Os obradoiros e as súas datas de realización son os seguintes:

  • Como crear unha páxina web profesional desde cero (6 de xuño, de 19.00 a 21.00 horas).

  • Como utilizar as redes sociais para a túa empresa e comezar a vender (13 de xuño, de 19.00 a 21.00 horas).

  • Como mellorar a visibilidade on-line dunha páxina web e por que a maioría delas son invisibles (26 de setembro).

  • Como crear a túa primeira campaña publicitaria online (3 de outubro).

  • Como aproveitar o posicionamento SEO Local para atopar máis clientes na túa cidade (17 de outubro).

  • Como crear unha imaxe de empresa efectiva: deseño e branding (24 de outubro).

  • "Crea un novo produto e insíreo no mercado" (7 de novembro).

  • "Como utilizar as ferramentas de Intelixencia Artificial máis coñecidas para mellorar o teu negocio" (14 de novembro).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión