Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xullo de 2015

O Concello pon os seus recursos a disposición dos concellos da comarca de Ferrol afectados polo problema da depuradora

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, contactou co de Ferrol, Jorge Suárez, para ofrecer técnicos ou o laboratorio municipal

O Concello da Coruña puxo a disposición do de Ferrol e os súa comarca os recursos de Emalcsa (empresa municipal de augas da Coruña) co obxectivo de paliar os problemas que sofren polas deficiencias detectadas na depuradora de Catabois.

O alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, telefoneou ao de Ferrol, Jorge Suárez, para ofrecerlle axuda por medio de Emalcsa, ofrecemento que lle pediu transmitise tamén ao resto de concellos afectados.

O Concello da Coruña pon a disposición dos da comarca de Ferrol os seus técnicos de augas, o laboratorio de Emalcsa e tamén está disposto a axudar co subministro se é necesario e se dispoñen dos recursos axeitados para facelo.

Desde o Goberno local da Coruña e Emalcsa comunicaron tamén que esta axuda será completamente gratuíta, aplicando o principio de solidariedade e cooperación entre concellos.



Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión