Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2024

Xa saíu a licitación o servizo de transporte en autobús asociado ao programa. Todos os vehículos contarán con sistemas adaptados a persoas con mobilidade reducida, para facilitar a súa accesibilidade

O Concello porá en marcha en maio a nova edición das viaxes socioculturais por Galicia para as persoas usuarias dos centros cívicos municipais

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey promove a participación social e interrelación das veciñas e veciños asiduos destes espazos, traballando así na prevención da soidade non desexada

O Concello impulsa un ano máis o programa de viaxes socioculturais para as persoas usuarias da Rede de Centros Cívicos Municipais, unha iniciativa coa que o Goberno de Inés Rey promove a participación social e interrelación das veciñas e veciños asiduos destes espazos, traballando así na prevención da soidade non desexada con actividades enfocadas a un envellecemento activo.

Cómpre lembrar que estas excursións, que se levan a cabo en formato de ida e volta a diversos lugares da xeografía galega, son gratuítas, realízanse en autobús e non inclúen a comida, que será libre e por conta de cada persoa. Neste sentido, o Concello licitou xa o servizo de transporte de cara ás saídas socioculturais deste ano e tamén con vistas ás que están previstas en 2025, cunha oferta total de 55 viaxes contabilizando as que se levarán a cabo neste exercicio e tamén as do ano que vén.

A previsión inicial do Concello é que, neste 2024, a nova edición das viaxes socioculturais se leve a cabo entre os meses de maio e novembro. Para facer máis cómodas as viaxes das persoas participantes, cada percorrido será dun máximo de 400 quilómetros entre ida e volta, con recollida e regreso nos centros cívicos municipais de referencia.

Cada autobús da frota disporá, como mínimo, de medio cento de prazas dispoñibles e contará, ademais, con sistemas adaptados a persoas con mobilidade reducida, facilitando así a participación das e dos usuarios con dificultades de accesibilidade.

Nas vindeiras semanas, o Concello informará nas súas canles oficiais e nos centros cívicos municipais sobre as datas e percorridos programados pola Área de Benestar Social. Tamén do procedemento a seguir para solicitar praza nas viaxes socioculturais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión