3 de agosto de 2026
Nesta 11ª edición, recolle 13 imaxes en branco e negro e máis de 650 acontecementos relevantes da historia da Coruña
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe o calendario histórico da cidade para o ano 2027, unha iniciativa con participación do Concello, de Tranvías e da Asociación de Periodistas Deportivos Galega que celebra xa a súa 11ª edición. Participaron tamén no acto José Ignacio Prada, director de Tranvías; Xosé Alfeirán, historiador; Alfonso Bartolomé, coleccionista de fotos antigas que achegou imaxes á selección e o xornalista Rubén Ventureira, autor dos textos do calendario.
"Este calendario é unha ferramenta de memoria histórica que fala da nosa cidade ao longo do tempo, realmente útil para profundar na evolución da Coruña e os fitos que marcaron a súa transformación e modernización", apuntou Inés Rey.
O calendario desta edición conta cun total de 13 imaxes en branco e negro que figuran na portada e que acompañan os doce meses do ano. Ademais, recolle máis de 650 acontecementos e efemérides relevantes para a historia da cidade que fan un percorrido detallado e completo polo pasado e, tal e como indicou a propia alcaldesa, "converten a publicación nun exemplar de coleccionista".
"A Coruña foi e é unha cidade vangardista, aberta e con vocación de avanzar. E para interiorizalo, cómpre lembrar de onde vimos. Coñecer o pasado das rúas e prazas polas que camiñamos", engadiu a alcaldesa, que tamén quixo recoñecer o labor das persoas que participaron no proceso de recompilación e investigación histórica necesario para elaborar o exemplar. "A miúdo, ese proceso é invisible aos ollos de moitas persoas e cómpre poñelo en valor porque é o que permite que o calendario chegue aos nosos fogares, a coruñesas e coruñeses de moitas xeracións diferentes que, grazas ás imaxes da publicación, terán ante si un anaquiño da historia da súa cidade", dixo.
Por ser representativas do espírito traballador da xente da Coruña, Rey destacou as imaxes escollidas para os meses de marzo e xuño, dous documentos de Ferrer que amosan a dous grupos de mulleres encargadas das tarefas de venda de peixe no peirao da Palloza e na antiga praza dos Ovos. "Ese espíritu, esa vontade de querer saír adiante, son moi nosos. Por iso, convido a cada coruñesa e coruñés a poñer en valor o que nos achega cada unha destas fotografías", perfilou. O novo calendario xa está á venda en kioscos e librerias da cidade, cun prezo de 10,95 euros.

1 de agosto de 2026

1 de agosto de 2026

24 de xullo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible