27 de decembro de 2023
Trátase dun monumento público erixido no 1977 e obra de Xoán Piñeiro Nogueira, escultor galego do século XX
O Concello da Coruña ten previsto iniciar os traballos de limpeza e restauración do conxunto escultórico de San Juan Bosco, localizado na parte traseira do CPR Salesianos, orientada cara o Paseo Marítimo. A actuación enmárcase na estratexia iniciada polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato para a recuperación e mellora do patrimonio histórico-artístico da cidade.
O conxunto escultórico 'San Juan Bosco', datado no 1977, é un monumento público obra de Xoán Piñeiro Nogueira, escultor galego do século XX. Trátase dunha homenaxe ó seu labor pola mocidade, especialmente no campo da educación así como no cultural e deportivo. Componse de varias pezas escultóricas de contido salesiano, realizadas en granito e bronce que representan a varios rapaces xunto co propio mestre Don Bosco.
As esculturas presentan algunhas pequenas patoloxías froito da súa posición ao aire libre, permanecendo expostas á cilmatoloxía. Entre elas sedimentación de depósitos de polvo ou suciedade superficial por acumulación de humidade, así como pequenas tincións férricas ou faltantes desprendidos da estrutura orixinal.
O Concello actuará sobre as pezas escultóricas e o mural, limpando os depósitos de pó, a suciedade superficial e tincións propias da degración do bronce, suxeito á climatoloxía. Tamén se levará a cabo a reposición e restitución de aplacados e faltantes, xunto coa estabilización dos elementos desprendidos ou soltos do mural para evitar o seu total desprendemento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible