16 de febreiro de 2026
Os lotes inclúen puntos de venda no exterior e nas plantas baixa, primeira e segunda, e terán unha duración de 15 anos coa posibilidade de outros 10 de prórroga
Nos próximos días, o Concello sacará a licitación 28 postos baleiros no mercado Eusebio da Guarda, na praza de Lugo. As adxudicacións serán por un período inicial de 15 anos, cunha posibilidade de prórroga (de haber mutuo acordo das partes) doutros 10 anos.
O interese municipal con estas licitacións é darlle un impulso ao mercado e á actividade comercial coa apertura de novas instalacións; xerar emprego nunha contorna adaptada aos novos tempos; e fomentar o consumo de produto fresco, ecolóxico e de proximidade, así como outros produtos de interese para a cidadanía.
As ofertas deberán presentarse a través da plataforma de contratación, conforme aos requisitos técnicos establecidos. O prazo de presentación de proposicións establécese en 30 días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao de publicarse a presente licitación no BOP da Coruña.
Os lotes dispoñibles inclúen:
4 locais exteriores
11 postos na planta baixa (incluíndo 10 de peixería)
6 postos na primeira planta
7 postos na segunda planta
Os prezos mensuais de saída dos postos oscila entre os 18,39 € do máis barato e os 210,70 € do máis caro. Como en todos os concursos valorarase a contía ofertada polos particulares.
Nos últimos tempos o Concello licitou postos baleiros nos mercados de San Agustín e Monte Alto. "Trátase -indica a alcaldesa, Inés Rey- de contribuír a dinamizar os nosos mercados mais tamén de ofrecer oportunidades laborais a aquelas persoas que desexen emprender". O mercado da praza de Lugo conta na actualidade con cerca de 190 postos e é un referente a nivel nacional pola calidade dos seus produtos.

29 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible