Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2025

O Concello selecciona as fotografías que ilustrarán o calendario municipal de 2026

O almanaque estará dispoñible nos próximos días en quioscos e librarías

O Concello seleccionou as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2026. O xurado reuniuse nas últimas semanas para analizar as diferentes propostas achegadas para esta edición, cumprindo coa tradición de editar un almanaque formado por imaxes de fotógrafos afeccionados da cidade. O calendario distribuirase nos próximos días en quioscos, comercios e librarías.

Este concurso está, como cada ano, aberto á participación cidadá e as fotografías deben tomarse no termo municipal da Coruña. Nas imaxes é necesario destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado tivo en conta a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.

O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Víctor Echave e Pedro Puig. Tamén estivo integrado por Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello. A alcaldesa, Inés Rey, e os membros da corporación Nereida Canosa, Roberto Coira e Francisco Jorquera, tamén formaron parte do xurado. Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade da colección particular de Pedro Puig de Llano.

Este ano, o calendario irá encabezado pola frase 'Cidade sen fin'. As persoas gañadoras recibirán dous libros de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para dúas persoas. Os autores e autoras das imaxes gañadoras e que formarán parte do calendario municipal son as seguintes:

  • Portada: Chencho Mendoza.
  • Xaneiro: Mimi Carrolo.
  • Febreiro: Pablo Briones.
  • Marzo: María José Vázquez Pazos.
  • Abril: Iván Ponte.
  • Maio: Alberto Vázquez.
  • Xuño: Mónica Rial Dosil.
  • Xullo: Sindo Novoa.
  • Agosto: Ignacio Fernández.
  • Setembro: Javier Castelo.
  • Outubro: Eva Márquez Mosquera.
  • Novembro: Manuel Candal.
  • Decembro: Soraya Sampedro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión