Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2022

O Día do Teatro chega ao Festival Primaletras da man do Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal

A Biblioteca da Sagrada Familia acolle este xoves 24, ás 19.00 horas, un encontro aberto co actor, escritor e dramaturgo galego

Para celebrar o Día Mundial do Teatro, e no contexto do Festival Primaletras, a Biblioteca da Sagrada Familia acolle este xoves 24 de marzo (19.00 horas) un encontro aberto con Rubén Ruibal, actor, escritor e dramaturgo galego que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2007.

Durante o encontro abordarase o panorama actual do teatro galego, tanto no eido literario como no escénico. O condutor do encontro será o actor galego Fernando Morán, que representou 'Limpeza de sangre', a obra de Ruibal que resultou gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática.

Como remate do acto, o Club de Teatro Lido da Biblioteca da Sagrada Familia levará a cabo unha lectura dramatizada de dúas escenas da obra premiada.

Actos previstos no Fórum Metropolitano

Xa a vindeira semana, no Fórum Metropolitano, celebrarase o Día do Teatro cun obradoiro para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos, no que se levarán a cabo xogos e dinámicas lúdicas. Para o obradoiro, titulado 'O xogo dramático', impartido polo actor Ramiro Neira, será precisa unha inscrición previa.

O obradoiro será impartido o día 31 de marzo ás 19.00 horas.

Documentos:

Programación do Festival Primaletras (4 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión