18 de febreiro de 2026
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, tomou parte hoxe no acto inaugural da exposición, que coincide coa celebración, mañá, da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico na cidade
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, participou hoxe no acto inaugural da exposición 'Historia do Eixo Atlántico', que estará habilitada na dársena da Marina ata o vindeiro 4 de marzo e que percorre os 34 anos de traxectoria desta entidade transfronteriza.
A mostra, disposta con sete cubos expositivos á beira da dársena, abarca desde o acto fundacional do Eixo Atlántico no ano 1992 -celebrado en Viana do Castelo e apadriñado por Mário Soares, por aquel entón presidente da República Portuguesa- ata a actualidade. Polo camiño houbo destacados eventos de referencia como o do ano 2015 na Coruña, onde por primeira vez os xefes de Estado de España e Portugal, o Rei Felipe VI e o presidente Aníbal Cavaco Silva, compartiron un acto non institucional.
Lage, acompañado hoxe polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, puxo en valor o obxectivo da mostra, "que amosa os nosos lazos e sintonía cun país irmán como Portugal", e que tamén profunda na evolución política de Galicia e do propio país luso, baixo presidentes como Aníbal Cavaco Silva, Jorge Sampaio e Marcelo Rebelo de Sousa.
Además da historia do Eixo Atlántico, a exposición recolle tamén acontecementos de relevancia mundial nas últimas décadas. Entre eles, a caída das Torres Xemelgas e a pandemia da covid-19, entre outros.
A apertura desta mostra abre camiño á celebración da XXXIV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que terá lugar mañá, xoves 19, na cidade herculina.

17 de abril de 2026

17 de abril de 2026

15 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible