25 de decembro de 2025
O Concello aposta por unha oferta cultural para nenos e nenas este Nadal a través deste programa
O Concello reforza a súa aposta pola cultura e o entretemento familiar durante as festas de Nadal cunha nova edición do ciclo"Monicreques, unha programación pensada para os máis pequenos que encherá de maxia e diversión o Fórum Metropolitano entre o 26 e o 30 de decembro.
"Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa difusión da cultura en galego e a creación de espazos de lecer educativo para a infancia, consolidando o Nadal como un tempo para compartir experiencias culturais de calidade", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Cinco compañías galegas especializadas en teatro e monicreques darán vida a historias cheas de imaxinación e valores, con espectáculos en galego adaptados a diferentes idades:
Todas as funcións celebraranse ás 18:00 horas e terán unha duración aproximada de 50 minutos. Os espectáculos abordan temas como a amizade, a superación, a fantasía e as tradicións galegas, convertendo cada cita nunha oportunidade para gozar en familia. As entradas poderán adquirirse en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense e do Fórum Metropolitano, o propio día da función neste caso. O prezo xeral será de 6 euros, o abono de 3 entradas, 15 euros; e a entrda para menores de 3 anos, 2 euros.

22 de decembro de 2025

20 de decembro de 2025

18 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible