Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2023

O Goberno municipal acorda a participación do Concello na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas

O Concello formará parte da convocatoria a través do proxecto 'A Coruña: cidade comercial, cidade turística, cidade accesible'

O Goberno municipal acordou hoxe, en Xunta de Goberno, a participación do Concello na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas, unha iniciativa emitida o pasado 10 de marzo pola Secretaría de Estado de Comercio.

Os gastos subvencionables asociados a esta liña de axudas abranguen, por exemplo, os asociados a investimentos en espazos públicos, a dixitalización do sector comercial e o reforzo do sector en materia de sostibilidade e economía circular.

Neste sentido, o Concello formará parte da convocatoria a través do proxecto 'A Coruña: cidade comercial, cidade turística, cidade accesible', que inclúe preto dunha decena de iniciativas centradas na reurbanización de espazos públicos en contornas comerciais e o reforzo da dixitalización do tecido comercial coruñés, apoiando a pemes e autónomos. O abano de propostas estima un investimento de 1,6 millóns de euros, dos que serían subvencionables un 80 %,  co importe restante a cargo das arcas municipais.

Entre as propostas destaca a creación dun centro loxístico intelixente, unha app -tipo marketplace- destinada ao comercio local e diversas actuacións de restauración de elementos e firmes tradicionais catalogados no centro histórico.

O plan para ampliar a Rolda Peonil chega á Sagrada Familia

O proxecto presentado polo Concello a esta convocatoria tamén abrangue un proxecto piloto que permita analizar a evolución da actividade comercial na Rolda Peonil. A este respecto, e dado que esta liña de axudas contempla intervencións asociadas a investimentos en espazos públicos de importancia comercial, o Concello propuxo a peonalización do treito da rúa Sagrada Familia entre Nosa Señora da Luz e San Xaime, unha das principais arterias comerciais no barrio da Sagrada Familia.

Nesta rúa, e xa durante a pasada edición do Entroido, levouse a cabo unha experiencia similar neste sentido, demandada polas veciñas e veciños, co obxectivo de gozar das actividades ao aire libre alí dispostas no contexto das festas.

"A idea é consolidar o avance da Rolda Peonil e dinamizar un espazo comercial fundamental no barrio da Sagrada Familia", apuntou a alcaldesa. O investimento previsto nesta intervención na Sagrada Familia, ao abeiro das axudas, sería de case 700.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión