17 de febreiro de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, participou nos actos celebrados na rúa San Xosé e no Campo da Leña
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este Martes de Antroido os grandes actos que forman parte da programación municipal desta festividade. Entre eles estivo o descubrimento da placa de Choqueiras de Monte Alto 2026 a Isa e Bego, que se celebrou, como cada ano, na rúa San Xosé.
Ademáis, a alcaldesa tamén participou no acto de colocación da lousa que rende homenaxe aos Kilomberos de Monte Alto no Andar do Antroido, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Inés Rey. "Na Coruña e no noso Antroido lembramos e homenaxeamos cada ano a aquelas persoas que fan desta festa unha das mellores de Galicia, con iniciativas que buscan estender o espírito choqueiro", sinalou Inés Rey.
Durante a xornada deste martes desenvolveranse ademais, o concurso infantil de disfraces e o concurso de choqueiros e choqueiras, no Campo da Leña e na rúa da Torre, respectivamente.

14 de febreiro de 2026

27 de xaneiro de 2026

19 de xaneiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible