9 de abril de 2026
A asociación cultural poñerá en valor o traballo realizado durante o curso
Este sábado 11 de abril ás 19.00 horas o Teatro Colón acollerá a edición número 13 do festival Dálle Donaire, organizado pola Asociación Cultural Donaire e que conta co apoio do Concello da Coruña. Neste festival, Donaire pon en valor o traballo realizado no curso por algún dos grupos máis representativos da entidade.
Nesta cita, o peso principal é dos grupos titulares da asociación, aqueles que levaron a música e o baile tradicional a tantos festivais e encontros ao longo de Europa. Alí poderase ver ao grupo de baile Donaire, ás pandeireteiras Axeitadiñas ou á Banda de Gaitas Donaire, con novas montaxes preparadas logo dun pasado 2025 onde a asociación festexou o seu 25º aniversario.
"O Goberno de Inés Rey ten no centro das súas políticas culturais a cultura propia, apoiando a todas as agrupacións culturais da cidade que desenvolven unha actividade moi viva ao longo do ano, tomando parte de moitas das iniciativas culturais que impulsamos", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As últimas entradas continúan á venda a través de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense e no propio Teatro Colón o día da función.
Ademais dos mencionados grupos, neste festival tamén participarán outros conxuntos da escola, dende Cascarilla como representantes máis adultos á escola de nenas e nenos, podendo gozar ocas actuacións de Ripadoiro, Paroleiras, Velaí Vai ou Rebuldeiras, deixando claro que o futuro de Donaire está garantido.

9 de abril de 2026

8 de abril de 2026

8 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible