12 de maio de 2022
A peza, dirixida por Tamara Canosa e interpretada por Roque Ruiz, reflexiona sobre as relacións interpersoais entre os nativos dixitais a as xeracións que medraron máis desconectadas da Internet
O Teatro Colón abrirá as súas portas este sábado á estrea do espectáculo teatral 'Amantis. Selfies, sexting e outras formas de amar(se)', unha peza con clara identidade coruñesa, dirixida por Tamara Canosa e interpretada por Roque Ruiz, recoñecido polo seu papel na serie 'El desorden que dejas' (Netflix).
A obra, que leva o selo da compañía Rebordelos, achega a historia de M., un rapaz de 17 anos con raíces nun barrio obreiro, que busca ser amado, aceptado. Para conseguilo, pasa horas a diario xerando contido para Internet co fin de converterse en influencer. Nese camiño, M. comeza a decatarse de que a intensidade que esixe posicionarse no universo en liña pode levalo a perder a súa propia identidade.
'Amantis. Selfies, sexting e outras formas de amar(se)' explora, así, a brecha xeracional entre os nativos dixitais e as persoas que medraron máis alonxadas da era das redes sociais, atendendo tamén a como isto afecta ás súas relacións interpersoais.
As entradas, xa á venda
As entradas para o espectáculo, previsto este sábado 14 de marzo no Teatro Colón (20.30 horas), cun prezo que vai dos 6 aos 10 euros, están á venda a través da páxina web Ataquilla.com e no despacho de billetes central do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) da praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas). Os pases poderanse adquirir tamén o día da función, no despacho de billetes do Teatro Colón, desde dúas horas antes do comezo da sesión, sempre que haxa entradas dispoñibles.

15 de novembro de 2025

31 de outubro de 2025

9 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible