Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xaneiro de 2024

O Teatro Rosalía de Castro acolle o 4 de xaneiro a XX Gala Manicómicos

Este clásico da programación de Nadal do Concello será ás 19.00 horas, con entrada de balde ata completar capacidade

O Concello da Coruña volve, un ano máis, incluír dentro da súa programación de Nadal a Gala Manicómicos, que se celebrará o vindeiro xoves 4 de xaneiro a partir das 19.00 horas no Teatro Rosalía de Castro. Trátase do 20º aniversario desta celebración, de balde ata completar capacidade e na que haberá numerosas sorpresas.

A gala está organizada pola Asociación Cultural Manicómicos, con gran arraigo na cidade e formada por diferentes persoas que colaboran en numerosas celebracións organizadas polo Concello. Esta gala dirixida a todos os públicos contará con diferentes números de circo e humor preparados especialmente para a ocasión.

Manicómicos celebrará deste xeito os seus 20 anos de actividades, sendo o seu Festival Manicómicos, que se inclúe na programación das Festas de María Pita, todo un referente nacional e internacional das actividades circenses. A gala estará dirixida e presentada por Carlos Sante e contará coa participación de Juanillo Esteban, Sue Moreno, Álvaro Reboredo, Odilo Fernández, Alfredo Pérez, Beatriz Rubio, Mago Noel e outros artistas convidados e sorpresas. Ademais, participará un grupo de alumnos da asociación.

A alcaldesa Inés Rey agradece o traballo levado a cabo por este colectivo durante os últimos 20 anos, pasando a formar parte por méritos propios do panorama cultural coruñés e enriquecendo os espectáculos para todos os públicos organizados polo Concello. O día seguinte da gala, o 5 de xaneiro, Manicómicos participará na tradicional Cabalgata de Reis, como xa é habitual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión