Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de febreiro de 2016

Oito liñas do bus urbano modificarán o seu itinerario o martes de Carnaval pola Festa Choqueira da Torre

A celebración, que comezará ás 17.00 horas no Campo da Leña e a súa contorna, provocará cortes de tráfico nos accesos á rúa da Torre e a propia praza durante toda a tarde

Ata oito liñas do bus urbano verán afectados os seus itinerarios o vindeiro martes con motivo da celebración da Festa Choqueira da Torre, que arrancará ás 17.00 horas nesta rúa e a súa contorna. Dúas horas antes comezarán os cortes de tráfico, que afectarán á rúa da Torre, desde avenida de Hércules ata o Campo da Leña e aos accesos ao Campo da Leña, desde San Andrés con Cordonería ou, en caso de ser necesario, desde a Rúa Alta. Desde esa hora, as liñas 4, 6 e 6A circularán, cara a Monte Alto, polo Paseo Marítimo desde a glorieta de Salesianos e ata a glorieta da Torre. Alí, os buses 6 e 6A discorrerán pola ronda de Monte Alto ata avenida de Hércules, mentres que a liña 4 continuará pola avenida de Navarra e Santo Tomás, para chegar á avenida de Hércules. En sentido praza de Pontevedra, as liñas 4, 6, 6A e 7 viaxarán desde a avenida de Hércules por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e o Paseo Marítimo, para incorporarse á praza de Pontevedra desde Modesta Goicouría e recuperar despois os itinerarios habituais. Tanto no caso das liñas 4, 6, 6A como a 7 e a 11 perderán esa tarde a parada no Feminino, ao acceder á praza por Modesta Goicouría, e substituirana pola parada frente ás oficinas do Deportivo.

En canto á liña 17, discorrerá, en sentido Torre de Hércules, desde a avenida de Hércules por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e o Paseo Marítimo, que transitará cara á rúa Veramar para incorporarse alí, en Metrosidero, ao seu percorrido habitual. A liña 3, desde a glorieta de Torrente Ballester, seguirá polo Paseo Marítimo ata Veramar para incorporarse en Metrosidero ao seu itinerario. A liña 5, pola súa banda, sairá de Adormideras e, desde a avenida de Navarra, collerá a rúa da Torre ata a avenida de Hércules, para incorporarse a esta e baixar despois por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e o Paseo Marítimo, ata acceder á praza de Pontevedra por Modesta Goicouría. En caso de non ser posible o acceso á avenida de Hércules pola rúa da Torre, esta liña seguirá desde a avenida de Navarra pola ronda de Monte Alto ata a citada rúa de Hércules.

Xa desde a mañá, a Policía Local liberará de vehículos a confluencia de Curros Enriquez coa rúa da Torre para instalar o escenario e a partir das 15.00 horas retiraranse os vehículos da rúa da Torre. Ademais, o corpo municipal recomenda para esa tarde e ata as 23.30 horas evitar no posible o uso do vehículo privado na contorna do Campo da Leña. En caso de necesidade, suxírense os itinerarios alternativos como o Paseo Marítimo, tanto desde Riazor e Orzán como por Ánimas, Pelamios e Adormideras, e o túnel da Mariña cara a Orillamar.

Será ás 17.00 horas cando dean comenzo, na rúa da Torre e o Campo da Leña, os concursos infantís de disfraces, tanto nas modalidades de choqueiro como de traxes en xeral. Ás 19.00 Carlos Bau e 80 Razóns Band darán paso á Festa Choqueira e ao Concurso de Choqueiros (20.00 horas). As persoas interesadas en participar poderán inscribirse desde unha hora antes da súa celebración na oficina habilitada para tal finalidade, á beira do escenario. Se chove, o concurso trasladarase ao patio do colexio Grande Obra de Atocha.
 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión