Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2023

Os Directos no Castelo volven cunha nova edición este venres en San Antón

Esta iniciativa de Mocidade e dos Locais de Ensaio busca promocionar as bandas emerxentes coruñesas con concertos ‘showcase’

Despois da boa acollida dos Directos no Castelo do ano pasado, que esgotaron todas as entradas, este venres 30 chega unha nova edición deste formato de concertos showcase no Castelo de San Antón.

Serán tres os grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña os que participarán, a partir das 21.00 horas, nesta ocasión: Batiscafo, Hundred Fires e Revel Velvet. Se ben todos estes proxectos parten da etiqueta pop-Rock, cada un deles amosará enriba do escenario os matices que os definen.

Para acceder ao evento como público só hai que descargar os convites que están á disposición de toda a cidadanía en coruna.gal/mocidade. A capacidade da localización estará limitada.

Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña levan 13 anos traballando cos proxectos musicais da mocidade coruñesa, ofrecéndolles de balde un espazo totalmente equipado onde poder ensaiar, e facilitándolles os primeiros pasos para desenvolver a súa carreira, tanto con gravacións de maquetas no seu estudio, como cun departamento de imaxe que lles facilita sesións fotográficas, creación de logos ou a edición de material audiovisual. De feito, días antes da súa actuación, está prevista a publicación na canle de YouTube (@locaisdensaio) de dous novos vídeos con Hundred Fires e Batiscafo de protagonistas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión