14 de febreiro de 2026
Un total de 25 agrupacións percorreron as rúas da Coruña
Este sábado celebrouse o desfile de Antroido, coa participación dun total de 25 comparsas. O Concello organiza, como cada ano, este evento dentro da programación municipal do carnaval. Os mismos de sempre foi a agrupación gañadora dos concursos de vestiario e coreografía e carrozas.
O segundo posto en ambas categorías foi para a comparsa Ciklon. O xurado estivo presidido pola directora do IMCE, Laura Seoane, e Samuel Sánchez, do IMCE, exerceu como secretario. Como vogais exerceron José Luís Núñez, da área de Cultura, Alejandro Centeno, xornalista, Marta Parga e Milly Augusto, da asociación Eidos. O desfile estivo amenizado na praza de María Pita coa actuación de Farra Fanfarra.

14 de febreiro de 2026

13 de febreiro de 2026

12 de febreiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible