14 de xaneiro de 2016
A exposición do Colectivo Miñoco poderá visitarse na sala do Fórum Metropolitano até o 19 de febreiro
A sala Plataforma14, o espazo para artistas emerxentes do Fórum Metropolitano, inaugurará mañá venres, ás 20.00 horas, unha nova exposición vinculada ao mundo da ilustración. O Colectivo Miñoco, unha agrupación de 10 novos e novas artistas de Galicia, presentará ‘O ano no que nacimos’, unha mostra que pretende ser unha retrospectiva da propia infancia, pero tamén dunha xeración. Cada autor e autora, baseándose na súa experiencia persoal e nas súas lembranzas, buscará referentes históricos do ano no que naceu para elaborar dúas ilustracións e outra do seu proceso creativo.
Dos paneis de Plataforma14 pendurarán 30 láminas de creadores emerxentes como Alberto Fernández, David Guevara, Jorge Peral, María Álvarez, Paula Esteban, Rebeca Varela, Roberto M. Soler, Sonia Corral, Yago García e Xulia Pisón, a gañadora do concurso Xuventude Crea 2015 na modalidade de banda deseñada.
A exposición ‘O ano no que nacimos’ poderá visitarse até o 19 de febreiro. Toda a información sobre esta proposta e sobre a sala Plataforma14, destinada a visualizar os proxectos artísticos de artistas emerxentes, atópase na web do Centro Municipal de Información Xuvenil www.coruna.es/cmix.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible