14 de setembro de 2023
Inscrición do 22 ao 26 de setembro. Adxudicación de praza por orde de chegada.
Este programa inclúe, un ano máis, accións de carácter preventivo, de promoción e participación social dirixidas a maiores de 55 anos. Estas accións desenvólvense nos centros cívicos municipais.
O programa ten como obxectivos a promoción de hábitos saudables para a prevención da fraxilidade, da deterioración física, cognitiva e de saúde asociados á idade.
Preténdese promover un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestándolle unha especial atención ao contexto social e á comunidade, fomentando a comunicación, a participación e as relacións sociais.
No programa de Envellecemento activo realízanse talleres relacionados con:
A inscrición para os talleres realizarase do 22 ao 26 de setembro nas conserxerías dos centros cívicos nos que se desenvolven. A adxudicación de prazas será por orde de inscrición.
No documento adxunto pódense consultar as accións do programa e os centros cívicos nos que se van levar a cabo no último trimestre do ano 2023, as datas e os horarios de realización, a modalidade de inscrición e o número de prazas.
Talleres e centros do Programa Envellecemento activo (449 KB)

19 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible