Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2025

Proxecto europeo "Youth Community Manager" (YouCM)

É unha iniciativa europea dirixida á mocidade da cidade.

O Instituto de Formación Europea María Pita - Crejob, en colaboración co Comune dei Mentana e a cooperativa social CEAS (Italia), desenvolve o proxecto europeo Youth Community Manager (YouCM), enmarcado no programa Erasmus+ (KA210-YOU, Small-scale Partnerships in Youth). Crejob é unha rede europea presente en varias cidades como A Coruña, Porto, Londres, Dublín ou Ámsterdam, que conecta a mozas, mentores e empresas para impulsar o talento e o desenvolvemento profesional.

Ofrece itinerarios personalizados de formación e inserción laboral, fomenta o emprendimiento xuvenil e participa en proxectos europeos de innovación e emprego.O obxectivo desta iniciativa, que levará a cabo entre xaneiro de 2025 e agosto de2026, é capacitar a mozos como axentes de cambio social nos seus comunidadeslocales, promovendo competencias en liderado comunitario, participación cívica, emprendimiento social e inclusión, especialmente en áreas rurais e periféricas.

Nesta primeira fase, 15 mozos da Coruña (19-25 anos) poderán participar en actividades formativas e nun intercambio con mozos italianos. A visita internacional celebrarase na Coruña en outubro de 2025, con seis días de formación do 27 ao 31 de outubro.

Priorizarase a participación de mozas con menos oportunidades ou en situación de vulnerabilidade.

Formulario de participación e interese a través da seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-4nZ2IoCKaT4lir8m6tiDnPvEavtke-X-4G3OSglRadH0ZA/viewform?usp=dialog

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión