30 de decembro de 2015
Non deixes de consultar polo miúdo as condicións de cada unha das ordes.
No Diario Oficial de Galicia do día de hoxe [mércores, 30 de decembro] foron publicadas, as bases reguladoras de distintas ordes relacionadas co apoio ao emprego autónomo, a remuda comercial, a revitalización do comercio de proximidade, a dinamización de mercados de abastos e o retail galego.
Non deixes de consultar polo miúdo as condicións de cada unha delas [preme nos enlaces]:
- ORDE do 22 de decembro 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial [código de procedemento IN220A].
- ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia [código de procedemento IN219A].
- ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 [código de procedemento IN225A].
- ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 [código de procedemento IN201H].
- ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 [código de procedemento IN216A].
- ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 [código de procedemento IN519B].
- ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
- ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvenciones para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
- ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
- ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito do Programa operativo de emprego xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á convocatoria para o ano 2016
- ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2016.
- ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible