Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2025

A intervención supuxo un investimento de máis de 400.000 euros na Segunda Fase de Elviña, renovando o espazo público

Rematan as obras de remodelación da praza Pintor Laxeiro, primeira das actuacións da segunda convocatoria dos fondos Next Generation

A alcaldesa supervisou os traballos realizados na praza para a mellora da accesibilidade e seguridade da praza, lindeira co CEIP Salgado Torres

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá a praza de Pintor Laxeiro, no barrio da Segunda Fase de Elviña, para supervisar os traballos realizados no marco da remodelación da praza. As obras, que comezaron ao remate do pasado curso escolar, consistiron na mellora xeral do pavimento, accesibilidade e seguridade da propia praza, lindeira ao CEIP Salgado Torres.

A intervención supuxo un investimento de máis de 400.000 euros no barrio, financiados a través dos fondos europeos Next Generation, para a renovación do firme, a ampliación das beirarrúas, a delimitación das áreas de estacionamento e a substitución das redes de saneamento e as de iluminación pública co obxectivo de facelas máis eficientes. "O noso obxectivo é seguir mellorando e actualizando o espazo público nos barrios, creando espazos de calidade e máis seguros para os nosos veciños e veciñas" sinalou a alcaldesa.

Como actuación complementaria á remodelación da praza, o Goberno de Inés Rey executou un sendeiro de áreas verdes axardinadas e xogos infantís no acceso peonil ao CEIP Salgado Torres: "Aproveitamos así os espazos públicos anexos ao propio centro educativo para mellorar o acceso dos nenos e nenas", indicou Rey.

Rey estivo acompañada da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas, Noemí Díaz; a concelleira de distrito, Diana Cabanas; membros da directiva da Asociación Veciñal de Elviña 2 Fases e veciños e veciñas da contorna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión