Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2017

Recuncho do xogo

Actividades lúdicas para menores de 4 a 12 anos, nos centros cívicos municipais durante as vacacións escolares de Semana Santa.

Recuncho do xogo ofertarase nos centros cívicos que se enumeran a continuación, do 10 ao 12 de abril.

O horario xeral será de 10.00 a 13.30 h. Nos centros sinalados cun asterisco (*), existe a posibilidade de solicitar horario ampliado de 9.00 a 14.30 h.

  • Centro cívico Artesáns
  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico Castrillón *
  • Centro cívico Cidade Vella
  • Centro cívico Eirís
  • Centro cívico Elviña
  • Centro cívico Labañou
  • Centro cívico Os Mallos *
  • Centro cívico Mesoiro *
  • Centro cívico Monelos *
  • Centro cívico Monte Alto *
  • Centro cívico Novoboandanza
  • Centro cívico Palavea
  • Centro cívico Pescadores
  • Centro cívico Rosales *
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico San Diego
  • Centro cívico Santa Margarida

Preinscrición

  • Días: 24, 25 e 27 de marzo
  • Horario: de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h
  • Lugar: centro cívico municipal no que se desexe solicitar a actividade

Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha preinscrición para unha mesma nena ou neno, anularanse todas.

Ofertaranse 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais (NEE), en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio para tarefas pedagóxicas, pero non acometerá funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

Nesta páxina, premendo en "detalles da noticia", podes descargar o folleto de preinscrición.

Sorteo público

27 de marzo ás 20.15 h, en cada centro cívico. O sorteo das prazas de NEE realizarase no centro cívico de Labañou.

Os nenos e nenas que soliciten praza de NEE terán unha numeración e un sorteo propio.

Publicación da lista provisional de admisións e reservas

3 de abril. Poderanse consultar no centro cívico correspondente, nesta páxina web e no teléfono 010.

Custo

Horario xeral: 7 € por persoa participante

Horario ampliado: 11 € por persoa participante

Documentos:

Preinscrición Recuncho de xogo (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión