7 de xullo de 2015
Surfilmfestibal, o evento de cultura de surf, arrinca unha nova aventura na súa edición número 13: SurfilmTOUR. Catro paradas nalgunhas das mecas do surf do Cantábrico, levando o mellor do cine de surf a un público máis amplo.
A Coruña, 11 de xullo
PROXECCIÓN en: Cúpula do Matadoiro (antiga leira de Mariño) 22.30 h.Tamén se realizarán durante o día as seguintes actividades:
Filmes
La primera ola
Dir. Pedro Temboury. España. 2015. 70 min.
La primera ola, o documental producido por Canal+ e Vans, céntrase en sete momentos moi representativos dos principios do surf en España. Historias como a de Félix Cueto, un rapaz de Oviedo que fai unha táboa baseándose nunha portada dos Beach Boys e surfea por primeira vez no 62 ou a historia da comuna hippy-surfeira de Casa Lola, nos setenta, que foron pioneiros fabricando táboas de calidade no noso país. O nacemento do surf no Mediterráneo ou como as Illas Canarias se converteron no Hawaii atlántico...
O Fillo do Pescador
Dir. Chris Malloy. US / Chile. 2015. 25 min.
É a historia de Ramón Navarro, o fantástico surfeiro chileno de grandes ondas e activista comprometido coa protección das súas ondas, da súa costa, do seu ecosistema. Un biopic que narra a súa relación co mar, coa pesca e coa súa contorna, claves para entender o seu compromiso con Pichilemu, a vila onde naceu e onde vive.
Curtametraxes
True Giant -Motomichi Nakamura - 1.42 min - Animación - UK (Gran Bretaña). Cando un baleeiro atopa un montículo de carne asomando na superficie do océano, dan por feito que se trata dunha balea e disparan, espertando así a ira do verdadeiro xigante.
Current Scenes - Chris de Krijger e Joris Klein - 4 min - Ficción – Netherlands (Países Baixos).
Nunha casa deserta onde unha vez viviu o artista as memorias disípanse, a natureza apodérase e a choiva alimenta a flora e a fauna.
Timber - Nils Hediger - 5.35 min - Animación – Switzerland (Suíza). Un grupo de troncos está a piques de morrer de frío nun deserto xeado. Cando se decatan de que o único combustible para o lume son os seus propios corpos, a cousa empeza a quentarse.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible