3 de xuño de 2026
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación do contrato para prestar o servizo de comidas a domicilio
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a licitación do servizo de xestión das escolas infantís municipais. O Concello levará a cabo un investimento de 3,5 millóns de euros o vindeiro curso e o contrato será susceptible de ampliación por outro curso máis.
O contrato inclúe oito lotes diferenciados para cada unha das escolas infantís de titularidade municipal: Agra do Orzán, Castrillón, Palavea, Os Rosales, Novo Mesoiro, Elviña, Luís Seoane e Monte Alto.
"Como xa informamos meses atrás, esta última volverá á actividade en setembro deste ano, abrindo as súas portas totalmente renovada e redondeando, desta forma, o abano de melloras executado no mercado municipal do barrio e tamén na súa contorna", dixo José Manuel Lage, voceiro do Goberno local.
O Concello destina 1,4 millóns ao servizo de comidas a domicilio
Tamén no eido dos coidados e do benestar, hoxe adxudicouse o contrato do servizo municipal de comidas a domicilio, no que levaremos a cabo un investimento de 1,4 millóns ata o ano 2028.
"Este servizo é un piar fundamental nas políticas públicas de asistencia social que promove o Goberno de Inés Rey", expuxo o edil, que estimou en case medio milleiro o número de coruñesas e coruñeses que están subscritos a este programa municipal, que reparte menús e asesora na elaboración de receitas saudables a persoas dependentes da terceira idade, fomentando o envellecemento activo e promovendo os bos hábitos deste grupo de poboación a través da entrega dunha comida diaria todos os días do ano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible