9 de outubro de 2019
O director deste área, Carlos García Touriñán, impartiu na cidade de Guayaquil unha conferencia sobre a coordinación de emerxencias en grandes eventos
O director de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña, Carlos García Touriñán, participa no VI Congreso Internacional OBA - Fundación MAPFRE. Seguridade Viaria e Prevención de Accidentes, organizado de forma conxunta pola Organización de Bombeiros Americanos (OBA), a Fundación MAPFRE e o Benemérito Corpo de Bombeiros de Guayaquil. O evento comezou onte na cidade de Guayaquil, Ecuador, e remata hoxe.
Touriñán impartiu onte unha conferencia sobre a coordinación de emerxencias en grandes eventos e levou á cidade ecuatoriana toda a experiencia acumulada na súa longa traxectoria profesional no concello herculino. A charla enmarcouse nunha xornada enfocada na preparación, prevención e resposta ás emerxencias.
A xornada de hoxe está dedicada ao eixo da seguridade viaria e prevención de accidentes en ruta e mostraranse investigacións recentes sobre como actuar en situacións de emerxencia relacionadas co rescate vehicular e coa súa prevención.
Este importante evento internacional está dirixido a bombeiros, dirixentes, persoal funcionario estatal, representantes de organizacións sen fins de lucro, profesionais e especialistas da seguridade e outras persoas interesadas na temática.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible