23 de setembro de 2016
O Goberno local lembra a veciñanza que pode consultar na web municipal www.coruna.gal/eleccions a mesa onde poderán exercer o seu dereito ao voto, ante os erros de actualización das bases de datos do INE
Co gallo das Eleccións ao Parlamento de Galicia o vindeiro domingo, 25 de setembro, porase a disposición da veciñanza un servizo gratuíto de transporte público para achegar ás persoas, que así o precisen, aos seus respectivos colexios electorais para que poidan depositar a súa papeleta. Deste xeito, o vehículo, un taxi adaptado, facilitará que todas aquelas persoas con mobilidade reducida da Coruña interesadas en votar ao longo da xornada electoral, desde as 09.00 ata as 20.00 horas, poidan facelo. O servizo, de balde para as usuarias, poderá solicitarse nos teléfonos 981.254.145 ou 619.230.128
Por outra banda, o Goberno local lembra que está operativa a páxina www.coruna.gal/eleccions para que todas as persoas empadroadas na cidade poidan consultar a mesa na que poderán exercer o seu dereito ao voto. As interesadas en empregar este servizo, posto en marcha polo executivo coruñés para solventar un erro cometido polo Instituto Nacional de Estadística que afecta a 700 veciñas e veciños --non actualizar correctamente nas súas bases o cambio de nomenclatura e numeración nas rúas en aplicación da Lei de Memoria Histórica--, poderán introducir o seu DNI na web municipal para coñecer de primeira man a localización da mesa e espazo na que deberán votar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible