20 de maio de 2022
Todo a punto para que o vindeiro día 28 de maio as rúas coruñesas dos Cantóns reciban a elite mundial da marcha en ruta na que será a trixésimo quinta edición do G.P. Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña - Trofeo Sergio Vázquez.
O máis importante evento da marcha a nivel mundial, despois dos Xogos Olímpicos, volve cunha importante participación e presenza dos e das mellores atletas do momento nun ano na que dúas importantes citas marcarán á axenda competitiva.
Por unha banda, a mediados do mes de xullo disputarase o Campionato do mundo na cidade estadounidense de Eugene para dar paso, prácticamente un mes máis tarde, á celebración do Campionato de Europa na cidade suíza de Zuric. Estas dúas citas fan que a proba de Cantóns vaia ser determinante na selección dos distintos marchadores e marchadoras que formarán parte das súas respectivas seleccións o que favorecerá que se presencie unha edición ao máis alto nivel competitivo.
Presenza de marchadores na cidade
Como é habitual, a medida que se achega a data da proba, son moitos os paises que aproveitan para adiantar a súa viaxe e adestrar no magnífico paseo marítimo coruñés que, grazas as condicións climatolóxicas, se converte nun lugar moi apreciado e valorado na planificación dos distintos adestramentos.
Este ano os máis madrugadores son os marchadores e marchadoras dos países de Guatemala e a India a cuxos integrantes xa podemos ver adestrarse pola cidade.
Ausencia de marchadores rusos e presencia de ucraínas
Desde 2011, cando gañaron os marchadores rusos Valerey Borchin e Olga Kaniskina, ningún atleta dese país volveu pasar por Cantóns baixo a súa bandeira, debido ás distintas sancións aplicadas pola World Athletics. Malia todo, o máximo organismo do atletismo mundial autoriza a presenza dalgúns deportistas baixo as siglas ANA (atletas autorizados), fórmula que os permitiu competir na Coruña, como foi o caso de Vasily Mizinov, cuarto en 2019.
Pola súa contra, a marcha ucraína estará presente unha vez máis na Coruña coa participación de Inna Loseva.
15 de maio de 2024
12 de maio de 2024
16 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible