12 de maio de 2026
A mostra ‘Mareas Negras. O desastre do Urquiola’, situada na rúa Compostela, está organizada polo Instituto José Cornide e o Concello
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta mañá o acto de apertura ao público da exposición 'Mareas Negras. O desastre do Urquiola', que conmemora o cincuenta aniversario do afundimento do petroleiro, que tivo lugar o 12 de maio de 1976 nas costas coruñesas. A mostra está organizada polo Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide e conta coa colaboración do Concello.
"O Goberno de Inés Rey continúa a abrir espazos de diálogo e coñecemento da historia da nosa cidade, afondando en acontecementos de gran relevancia coma este, cun importante trasfondo medioambiental", indicou Castro, que agradeceu o traballo do Instituto José Cornide na investigación e análise da historia da cidade. No acto, ademais do edil, tamén participaron o historiador Xosé Alfeirán e a directora do Instituto José Cornide, Ana Romero Masiá.
O obxectivo desta exposición é lembrar as mareas negras que afectaron á costa galega e que tiveron consecuencias ecolóxicas á flora e fauna mariña, afectando directamente aos bancos de marisqueo e á industria pesqueira. O 12 de maio de 1976 o buque Urquiola enfilaba para entrar no porto da Coruña, procedente do Golfo Pérsico cando o choque coas agullas do fondo da baía coruñesa abriron unha brecha no casco do buque o provocou unha das catástrofes ecolóxicas mais graves na historia de Galicia: o petroleiro embarrancaba e vertía a súa perigosa carga sobre a costa galega.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible