Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2014

Vacacións e turismo social para maiores 2014/15

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de maio ao 2 de xuño.

O Excmo. Concello da Coruña convoca prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO.

Os requisitos para poder participar nesta convocatoria son os seguintes:

Persoas empadroadas e residentes no Concello da Coruña

Atoparse, polo menos, nunha das seguintes situacións:

  • Ser maior de 65 anos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados, en ambos os casos con 60 anos cumpridos.

Ter unha capacidade económica persoal anual inferior ou igual a 11.928,22 €. (1,6 veces o IPREM do ano 2014).

Na valoración da capacidade económica persoal teranse en conta os ingresos netos das persoas solicitantes, cónxuxe ou parella de feito recoñecida legalmente, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores de 25 anos en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante.

Ter a autonomía suficiente para realizar actividades básicas da vida diaria e non padecer enfermidade ou deterioración cognitiva que incidan na convivencia durante a viaxe.

O impreso de solicitude poderase recoller na Rede de Centros Cívicos Municipais e na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD).


As solicitudes presentaranse debidamente cuberto na OMAD, do 26 de maio ao 2 de xuño en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Nos detalles desta noticia, hai un documento no que se pode consultar toda a información.

Documentos:

Vacacións e turismo social para maiores 2014/15 (15 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión