Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de abril de 2015

Vanessa Veiga e Andrés Díaz serán os teus guías da carreira do Breakfast Run Solidario

A Coruña correrá con alma o próximo 18 de abril coa realización dunha carreira non competitiva a favor da Asociación de Dano Cerebral Adquirido Coruña (ADACECO). A proba, apoiada por deportistas como Alberto Contador ou Sofía Toro, realizarase á primeira hora da mañá e contará cunha especial particularidade: todos os corredores chegarán xuntos á meta.

O vindeiro sábado, 18 de abril, A Coruña correrá con alma coa realización do I Breakfast Run Solidario, unha carreira non competitiva na que a cidadanía herculina poderá mostrar o seu lado máis solidario apoiando a Asociación de Dano Cerebral Adquirido Coruña, (ADACECO).

Nesta ocasión, as marcas e os tempos quedarán a un lado por un fin solidario. A proba, que servirá de preparación para aquelas persoas que ao día seguinte compitan no Maratón Atlántica #Coruña42 ou #10km, partirá do Parrote dirección Torre de Hércules para regresar ao momento orixinal cun obxectivo: que todas as persoas corredoras cheguen xuntas á meta favorecendo a integración de persoas con diversidade funcional.

Divididos en grupos segundo os seus ritmos (alto, medio, baixo e integrantes de ADACECO), e acompañados polos seus guías Vanessa Veiga e Andrés Díaz, as persoas participantes percorrerán o trazado ata alcanzar a meta. Primeiro partirá dende a saída o grupo do ritmo máis elevado, que poderá percorrer aproximadamente 6 quilómetros dende O Parrote ata o Paseo dos Menhires. A continuación seguirá o ritmo medio, que chegará ata a praia de San Amaro, e por último os que prefiran o ritmo máis relaxado, chegarán unicamente á rotonda de Adormideras nun trazado de 5 km aproximadamente. Todos estes traxectos percorreranse sucesivamente ata o momento no que, de forma coordinada e coa axuda de expertos como Veiga e Díaz, todo o colectivo regrese e se una aos participantes de ADACECO para entrar unidos na meta do Parrote.

É a primeira ocasión na que se realiza esta proba aberta a toda a cidadanía, e que servirá, ademais, para que os runners corran á beira de deportistas de recoñecida traxectoria mentres apoian unha causa solidaria. A inscrición para aquelas persoas que participen no Maratón Atlántica #Coruña42 ao día seguinte será de 1€, e o resto, de 2€. Unha achega simbólica e un xesto con alma que permitirán a ADACECO, a quen se doará o importe íntegro da inscrición, seguir traballando pola integración e desenvolvemento dos seus asociados.

O Breakfast Run Solidario conta co apoio de numerosas personalidades do mundo do deporte, como Alberto Contador, Sofía Toro, Juan Domínguez , os integrantes do Hockey Club Liceo, Leyma Basquet Coruña, ou o actual campión de España de Maratón, Pedro Nimo, que participará en #Coruña42. Tamén recoñecidos músicos como Xoel López, Marta Sánchez mostraron nun vídeo a súa solidariedade e afecto coa carreira.

O prazo de inscrición do Breakfast Run Solidario, carreira enmarcada dentro do programa de actividades do Maratón Atlántica #Coruña42, finalizará o próximo 13 de abril e poderase realizar a través da webwww.championchipnorte.com O número de prazas está limitado a 750 participantes, con 50 prazas reservadas a membros de ADACECO.

entrega de dorsais e pulseiras realizarase en Exporunning (Palexco) o venres 17 de abril, de 17.00 a 22.00 horas, e o sábado 18 no Parrote, de 08.00 a 09.00 horas. Ao remate da carreira as persoas participantes poderán retirar un almorzo, porque os heroes anónimos tamén merecen un premio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión