Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2022

Vegalsa-Eroski, novo patrocinador de Coruña42

Empresa galega de referencia no sector da alimentación na comunidade autónoma, colaborará tamén no avituallamento da competición

O programa de carreiras populares do Concello da Coruña incorpora un novo patrocinador, a empresa Vegalsa-Eroski, referente no sector da distribución alimentaria en Galicia.

O convenio coa firma galega inclúe, entre outros aspectos, a súa colaboración no avituallamento das persoas participantes no Maratón Atlántica Coruña42 que organiza o concello o próximo 2 de outubro.

O Goberno municipal promove hábitos de vida saudables e ese obxectivo implica, entre outros factores, a práctica da actividade física e unha alimentación que vaia na mesma liña.

Dentro da súa estratexia de responsabilidade social empresarial, Vegalsa-Eroski implícase en iniciativas que promoven unha alimentación e hábitos de vida saudables entre as persoas, con independencia da idade que teñan.

Ademais, promove a Dieta Atlántica como modelo de alimentación saudable e aliada da lonxevidade poñendo en valor, especialmente, alimentos de tempada e locais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión