Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2024

Viñetas desde o Atlántico celebrarase do 12 ao 18 de agosto e contará cun cartel da artista Genie Espinosa

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu a Manel Cráneo, novo director artístico do certame

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no Palacio Municipal de María Pita a Manel Cráneo, novo director artístico do certame Viñetas desde o Atlántico, que celebrará a súa edición número 27, como  é habitual, no mes de agosto.

O encontro serviu para confirmar as datas de celebración dun dos festivais nacionais e internacionais máis importantes da banda deseñada. Será do 12 ao 18 de agosto, contando cos mellores artistas e creadores do xénero. "O Viñetas seguirá sendo unha referencia das nosas festas e farao da man de Manel Cráneo, unha referencia absoluta e unha figura de consenso do sector a nivel coruñés e galego", indicou Rey.

Manuel Cráneo é ilustrador e autor de numerosos cómics, publicacións e volumes colectivos. Foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGOI) e vicepresidente da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais (Fadip). Tamén é fundador e director da plataforma colectiva Coruña Gráfica e creou Demo Editorial.

"Manel Cráneo xa foi unha peza moi importante na edición coral do 2023 e estou segura de que baixo a súa dirección e co apoio total do Concello darémoslle un novo pulo a este festival tan querido por todos os coruñeses e coruñesas", indicou Inés Rey.

Genie Espinosa deseñará o cartel

Por outra banda, o encontro tamén serviu para desvelar o nome da artista encargada da creación do cartel do XXVII Viñetas desde o Atlántico. Manel Cráneo comunicouse á alcaldesa que a artista catalana Genie Espinosa levará a cabo a imaxe deste ano.

Espinosa (Badalona, 1984) é ilustradora, autora de cómics e muralista. Traballa tanto para publicacións editoriais como para clientes como Apple, Sony, Nike, Amazon, Spotify ou Estrella Galicia, entre outras. O seu estilo, tal e como indicou Cráneo, caracterízase por unha paleta de cores fortes, perspectivas hiperbólicas e personaxes non normativas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión