Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2015

Visitas dos Reis Magos aos centros cívicos

Os nenos e nenas poderán entregar as súas cartas aos Reis Magos no centro cívico que desexen.

Todos os centros cívicos contarán coa visita das súas Maxestades os Reis Magos, que recollerán as cartas e mensaxes que os nenos e nenas lles queiran enviar.

Para darlles a benvida ás súas Maxestades, celebrarase unha festa no centro cívico con bailes e xogos.

Consulta na seguinte lista os días que os Reis Magos visitarán os centros cívicos.

  • Día 22 de decembro: centro cívico A Silva e centro cívico Elviña
  • Día 28 de decembro: centros cívicos de Labañou, Os Mallos, Eiris e Novoboandanza
  • Día 29 de decembro: centros cívicos de Pescadores, Cidade Vella, Castrillón e Artesanos
  • Día 30 de decembro: centros cívicos de San Diego, Rosales, Feáns e Mesoiro
  • Día 4 de xaneiro: centros cívicos de Palavea, Monte Alto, Visma e Monelos

No centro cívico correspondente informarante do horario da festa, así como das datas a partir das cales se poden retirar as invitacións.

Todos os menores terán que estar acompañados durante toda a festa por unha persoa adulta.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión