Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2017

X Travesía a nado Coruna 10000

X Travesía a nado de longa distancia A Coruña 10000

10 km de Travesía a nado en augas abertas. O reto oceánico. Nada o perímetro marítimo da cidade: praia do Orzán á dársena da Mariña.

Organizan:

Concello da Coruña e Servizo Municipal de Deportes

Colaboran:

Autoridade Portuaria, Capitanía Marítima, Garda Civil do Mar, Federación Galega Natación, Asociación de Amigos Juan de Lángara, Club de Pesca Deportiva Salmo, Club do Mar de San Amaro, Club Marítimo de Oza O Puntal, Club Natación Coruña, Club Vela Praia de Oza, Sociedade Deportiva As Xubias, Cruz Vermella Española, Real Club Náutico Coruña.

Preciosa travesía atlántica arredor do faro milenario da TORRE DE HÉRCULES, onde o mar e as condicións meteorolóxicas tan cambiantes fan que esta proba destaque pola súa dificultade, beleza e espírito deportivo.

Un ano máis, o gran reto entre a natación, o adestramento, a orientación. Nadadores e nadadoras ante a súa propia odisea atlántica.

A dureza desta proba é precisamente a gran beleza desta travesía, ningún tramo é igual, as correntes, o vento, a dirección das ondas faranche estar alerta en todo momento e faranche ir axustando a estratexia de nado... porque o importante é chegar e poder dicir: FÍXENA!

Atrévete, ven e goza das nosas augas, abertas de verdade.

Non todo o mundo pode nadala. Non todos chegan. Vive o desafío desta competición: terminar. E o mellor premio, só para quen consegue alcanzar a meta, a súa camiseta.

Ven, nádaa, termínaa, e consíguea.

29 de setembro de 2017

Publícase a listaxe definitva de participantes, con números de gorro e grupo asignados.

lista defintiva de confirmados na X Travesía a nado C10000 2017

15 de setembro de 2017

Publícase a listaxe provisional de persoas  participantes admitidas e as que pasan a formar parte da lista de espera.

Posteriormente procederase á publicación da listaxe cos números de gorro e grupo.

20 de xullo de 2017 - Convocatoria e bases

BASES E COMPROMISO DE RESPONSABILIDADE

(Extracto)

1. Perfil da travesía: (pode consultar o plano premendo na anterior ligazón ou descargando o documento adxunto no pé da noticia)

  1. Proba: Travesía a nado de longa distancia A Coruña 10.000
  2. Distancia total: 10 quilómetros
  3. Número de participantes limitado a 120. Superado o límite establecerase unha quenda de espera.
  4. Parciais:
    • Saída praia Orzán
    • Baliza A: Baixo Pereiro
    • Baliza B: Baixo Boi
    • Baliza C: Punta Herminia
    • Baliza D: Punta Pragueira
    • Baliza E: enseada de San Amaro - Punta da Estrada
    • Baliza F: punta Dique de Abrigo
    • Baliza G: castelo de San Antón
    • Baliza H: Martelo
    • Chegada rampla de Dársena da Mariña
  5. Saída: praia do Orzán.
  6. Chegada: Enseada da Dársena da Mariña
  7. Estableceranse percorridos alternativos por se fose necesaria a modificación do itinerario por motivos de seguridade.

2. Data: 1 de outubro de 2017

4. Organización da proba

4.1 Dirixido a:

4.1.1 Maiores de 18 anos.

4.1.2 Ter 16 anos cumpridos o día da competición, coa condición de que: sexan federados pola Federación de Natación correspondente, con autorización escrita e asinada polo seu pai/nai ou titor/a e adestrador/a  o club ao que pertenzan. O/a pai/nai ou, se é o caso, titor/a e o/a adestrador/a, co visto e prace da federación, deberán declarar que o/a menor de idade está capacitado/a para realizar a proba tendo en conta as bases da convocatoria e as características dunha travesía atlántica; e comprométense a presentar o certificado segundo as bases convocatoria, que se entregará en documento orixinal asinado polo pai ou a nai ou, se é o caso, titor ou titora e o seu adestrador ou adestradora o sábado 30 de setembro (achégase documento como anexo 1).

4.2. Compromiso de responsabilidade e seguridade: todos os nadadores e as nadadoras participantes deberán asinar o compromiso de responsabilidade e seguridade (anexo 1). Deberase entregar persoalmente o orixinal asinado o sábado 30 de setembro.

4.3 Saída: a proba realízase en augas abertas, polo que as persoas nadadoras TOMARÁN A SAÍDA en grupos homoxéneos, acompañados por embarcacións de organización e seguridade.

4.5 Se un nadador ou unha nadadora se atrasa reiteradamente de forma que poña en perigo a seguridade, será descualificado/a e obrigado/a a abandonar a proba e embarcarase nas pneumáticas de apoio.

4.6 A organización e as súas persoas voluntarias actuarán como persoal de seguridade e resérvase a facultade de obrigar o/a nadador a abandonar a proba, se perciben que a persoa participante corre perigo por indisposición ou causa física ou por outros motivos de seguridade.

4.14 Peche da proba: o peche da competición Coruña 10000 será ás 13.00 horas, en todo caso transcorridas 4 horas da saída do primeiro grupo. Os nadadores e as nadadoras que non estean dentro da área entre o Castelo de San Antón e meta poderán ser subidos ás embarcacións de apoio. A decisión será tomada pola organización.

7. Axenda:

Sábado 30 de setembro: recollida de credenciais persoalmente pola persoa participante para a competición. Deberá presentar DNI orixinal e achegar unha fotocopia do DNI para a súa compulsa polo SMD. Lugar: Hotel NH Finisterre (Paseo do Parrote, 2-4.).

  • 19.00 horas: benvida ás persoas participantes. Explicación do plan de seguridade da proba.
  • Os/as nadadores entregarán o compromiso de responsabilidade e seguridade en orixinal asinado, así como as autorizacións no caso dos/as menores de idade segundo o anexo 1.
  • A organización, logo da previa recollida da documentación anterior, informará das medidas de seguridade e percorrido, entregará as normas, credenciais, mapa, gorro, bolsa para gardarroupa e detalles para as persoas participantes.

Domingo 1 de outubro: competición

  • 08.20 horas: concentración de participantes en punto de encontro: peirao Almirante Vierna.
  • 08.30 horas: saída desde o punto de encontro á praia do Orzán: dispoñerase de cámara de saída e os/as participantes deberán presentar o DNI ou fotocopia compulsada que lles será devolta coa entrega do chip.
  • 09.00 horas: saída do primeiro grupo do 10000
  • 09.20 horas: saída do segundo grupo do 10000
  • 09.40 horas: saída do terceiro grupo do 10000
  • 14.30 horas: comida de participantes e entrega de premios

8. Inscrición. No formulario de solicitude na páxina web municipal: Formulario de inscrición ou nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, desde a data de publicación na páxina web municipal ata o 12 de setembro de 2017, ata as 14.00 h.

8.1. As datas de inscrición serán ata o 12 de setembro, publicarase a listaxe de admitidos a partir do 14 de setembro. Convócanse 120 prazas, que corresponderán ás 120 primeiras inscricións.

8.2.Para a participación na proba deberán entregar o compromiso de responsabilidade e seguridade en orixinal asinado polo nadador ou a nadadora, así como as autorizacións no caso dos/as menores de idade segundo o anexo 1.

8.3. Aboar 50 € en concepto de apoio á seguridade e organización da competición.

8.3.3 Núm. de conta: o aboamento debe ser persoal e estar a nome do nadador ou da nadadora, indicar claramente no concepto "Coruña 10000". (un recibo por participante)

  • Ingreso efectuado por: o nadador ou a nadadora: nome e apelidos e DNI
  • Ingreso a favor de: Hotelera Noroeste SA
  • Concepto: Coruña 10000 + APELIDO 1 + APELIDO 2 + NOME
  • Núm. conta: ES 75 01 82 09 99 86 02 01 51 05 72

11. Acompañamento por mar, asistencia ao acto de entrega de premios: facilitaráselles ás persoas adestradoras, familiares e achegadas que poidan solicitar acompañamento por mar e asistencia ao acto de entrega de premios.

Asistencia á comida e entrega de premios: 50 prazas

Para formalizar a reserva da comida:

  • Nenos e nenas de 12 anos en diante e persoas adultas: 30 €
  • Nenos e nenas de ata 11 anos (incluídos): 15 €

Ingreso efectuado pola persoa acompañante:

  • Ingreso a favor de: Hotelera Noroeste SA
  • Concepto: ACOMPAÑANTE C10000 + APELIDO 1 + APELIDO 2 + NOME
  • Núm. conta: ES 75 01 82 09 99 86 02 01 51 05 72

Acompañamento por mar: 10 prazas

Para formalizar a reserva para ver a travesía desde o mar: 5 €, os cales aboaranse directamente no momento do embarque na goleta Juan de Lángara.

(Lembramos que este é un extracto das bases. Documento completo delas no pé da noticia, en contidos relacionados).

FORMULARIOS:

Máis información ou consultas dirixirse a: coruna10000@coruna.es

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión