Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2017

Xiao Varela destaca que “o que está a pasar co Conde de Fenosa é un exemplo claro de que, en temas urbanísticos, non adecuarse á legalidade trae consecuencias para toda a cidadanía”

O concelleiro de Rexeneración Urbana insiste que no caso do inmoble de Fernando Macías, o Concello buscará “cumprir coa legalidade, e á vez defender os intereses da administración local e das persoas directamente afectadas”

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indicou hoxe que o Concello da Coruña ten "dúas premisas" claras á hora de afrontar a providencia emitida polo Tribunal Supremo que inadmite o recurso de casación presentado pola administración local e a comunidade de propietarios do edificio Conde de Fenosa contra o auto ditado pola Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG do 9 de setembro de 2016. Estes recursos trataban de declarar a imposibilidade legal de execución da sentenza que ordenaba que o edificio recuperase o seu estado previo á rehabilitación que se lle aplicou no ano 1997. A este respecto, o edil explicou que "o goberno local actuará en base a uns criterios fundamentais: un, o escrupuloso cumprimento da legalidade urbanística, cousa que, como vemos, até o de agora non se levou a cabo e, dous, a defensa do erario público e dos intereses das persoas máis directamente afectadas, coas que xa estamos en contacto e coas que manteremos unha xuntanza informativa nos vindeiros días".

O responsable municipal recordou que "cando chegamos a María Pita, en 2015, abordamos este proceso de inmediato, non obstante, xa era tarde". "Esta sentenza só referenda que as cousas con respecto ao edificio de Fernando Macías non se fixeron de forma correcta. No eido urbanístico, non se pode actuar ás présas. Así ocorreu en gobernos pasados e agora a cidade sofre as consecuencias", dixo Varela, que recordou que todo o proceso xudicial do inmoble de Conde de Fenosa comezou na etapa de goberno de Francisco Vázquez como alcalde da cidade. "Os servizos xurídicos municipais están a traballar na busca da mellor maneira de enfrontar esta decisión xudicial", salientou o edil, que adiantou que "este, en todo caso, será un proceso longo". "Dende logo, e dentro da nosa dinámica habitual de transparencia, o que non podo ocultar e que este proceso, que deriva de actuacións do pasado, pode ter agora unha transcendencia moi importante e afectar seriamente aos intereses do Concello e da cidadanía".

Folla de ruta

"A asesoría xurídica do Concello está estudando a posibilidade de solicitar que o noso recurso sexa analizado máis amplamente, aínda que non sabemos se será posible", comentou o titular de Rexeneración Urbana, que aclarou que, non obstante, "a sentenza do TSXG de 2016 o que di é que o edificio ten que volver ao seu estado anterior á rehabilitación de 1997". "Dende Edificación estamos a analizar como podemos abordar isto do xeito menos gravoso para as arcas municipais, que tipo de intervención podemos acometer e se é viable tecnicamente", comentou. "Nun caso tan particular coma este, na execución concreta da sentenza, non podemos actuar senón é da man da Xustiza,  ao respecto de dar forma ao cumprimento exacto á sentencia", salientou.

"Por suposto, tamén temos que dilucidar quen son os e as responsables desta situación. O que temos claro é que o Concello non pode, nin debe, facerse cargo de actuacións que non lle correspondan", incidiu.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión