Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de maio de 2025

Xornada de portas abertas nos museos municipais este sábado con motivo do Día Internacional dos Museos

O Concello da Coruña promove o acceso gratuíto aos espazos culturais da cidade o 24 de maio, cunha ampla programación para todos os públicos

O Concello da Coruña celebrará este sábado, 24 de maio, o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas en todos os museos e espazos expositivos municipais. O acceso será gratuíto durante toda a xornada, agás no Aquarium Finisterrae, que manterá o seu sistema de reserva previa de entradas.

A iniciativa forma parte do compromiso do Goberno municipal co acceso universal á cultura e coa posta en valor do patrimonio museístico da cidade. A veciñanza poderá visitar libremente espazos como o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, o Castro de Elviña, as Casas Museo, o Quiosco Alfonso, a Casa da Cultura Salvador de Madariaga, a Domus e a Casa das Ciencias. 

A pesar de que as prazas para as actividades con inscrición previa están xa completas, todos os museos da cidade estarán abertos ao público de balde, nunha xornada pensada para fomentar o encontro coa cultura desde unha perspectiva participativa e inclusiva.

O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, sinalou que "esta xornada representa unha oportunidade para achegarse aos museos como espazos vivos, próximos e ao servizo da cidadanía. Queremos que a cultura sexa accesible e que cada veciña e veciño sinta os museos como parte do seu día a día, non só como lugares que conservan o pasado, senón tamén como motores de pensamento e de identidade colectiva". 

O Concello da Coruña anima a toda a cidadanía a aproveitar esta xornada especial para redescubrir os espazos culturais da cidade, gozar das exposicións e participar das propostas abertas á reflexión, á creatividade e ao coñecemento.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión