Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2015

O Concello dotará á zona verde dunha liña directa de bus e programará actividades para promocionar o espazo desde este verán.

Xulio Ferreiro aposta por protexer e potenciar o Parque de Bens e descarta construír alí o Museo da Automoción

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste luns con representantes da plataforma 'Salvemos el Parque de Bens', e confirmou a aposta do consistorio de poñer en valor este amplo espazo verde e público.

O goberno local pensa modificar o planeamento xeral aos efectos de impedir a execución do proxecto do denominado Museo da Automoción, anunciado polo Executivo anterior. “O parque debe adicarse ao lecer e debe servir para que todos os veciños e veciñas gocen da natureza, xa que nesta cidade non imos sobrados de zonas verdes”, declarou o alcalde ao remate da xuntanza.

Ferreiro explicou que o proxecto do museo, tal e como está deseñado, non se pode levar a cabo. “O museo non se pode construír na localización proxectada. É un terreo rústico protexido e non é posible levantar ese edificio tal e como está presentado nas maquetas”, indicou. Desde o goberno local lémbrase que si podería modificarse o Plan Xeral para convertir o Parque de Bens en Zona Verde.

Na idea de potenciar o Parque de Bens como pulmón verde da cidade, o alcalde explicou que, en breve, acometeránse diversas iniciativas. “A xente ten que decatarse de que existe un gran valor que non estaba o suficientemente promocionado. Temos que levar a cabo diversas actuacións como poñer un bus que chegue directamente ao parque, algo que se fará cando se acometa a modificación das liñas de transporte. Tamén temos que comezar a facer actividades, aproveitando  o verán”, indicou Ferreiro. “Hai que darlle pulo a este espazo para que a xente o coñeza e o visite”, engadiu.

Xulio Ferreiro descartou, ademáis, que a non execución do Convenio urbanístico do 2009 poida traer aparellada penalización económica para o Concello, dado que non levou aparellada actuación de desenvolvemento por parte da Fundación, mais aló da presentación dun proxecto que incumpre o propio Convenio.

 



Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión