3 de setembro de 2015
O alcalde, profesor de Dereito, reuniuse cunha delegación que estivo encabezada polo Decano Augusto José Pérez-Cepeda
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste xoves con representantes da Xunta Diretiva do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, nunha delegación que estivo encabezada polo Decano Augusto José Pérez-Cepeda, e que se desenvolveu nun clima cordial e de entendemento no Pazo de María Pita.
Durante a xuntanza Xulio Ferreiro, profesor de Dereito Procesual da Universidade da Coruña, compartiu a reivindicación expresa de que A Coruña siga a ser a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como amosou interese por cuestións de carácter social, na liña da Mediación familiar nos Centros Cívicos ou temas relacionados coa formación académica.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible