Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de setembro de 2015

Xulio Ferreiro solicita por carta reunirse co presidente de Alcoa España para clarificar o futuro da planta e do persoal da Coruña

O alcalde da Coruña, tal e como prometeu onte mesmo aos representantes do comité de empresa, pide aos directivos da compañía que expliquen a situación da factoría e que se pronuncien de forma pública, manifestando a vontade de manter a actividade industrial



O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, remitiu este xoves dúas cartas, ao director da fábrica de Alcoa na Coruña, José Gil Fernández Pulpeiro, e ao presidente do grupo en España, Rubén Bartolomé González, para, tal e como acordou un día antes cos representantes dos traballadores e traballadoras da planta coruñesa, solicitarlles unha reunión.  A intención do rexedor é que os directivos lle clarifiquen cales son os plans que teñen para a factoría ubicada no polígono de Agrela e para que “deixen constancia de que hai unha aposta por esta a medio e longo prazo e tamén polos postos de traballo, máis alá das coxunturas derivadas da subasta eléctrica desde ano ou dos vindeiros”.

O alcalde, decidido a apoiar as reivindicacións dos empregados e empregadas da planta de Alcoa na Coruña, así como o mantemento dos postos de traballo, indica na misiva que remite aos directivos que “a produción de aluminio é parte esencial do tecido industrial desta cidade e a intención dos/as traballadores/as, do Goberno municipal e da sociedade coruñesa é que se manteña”.

“Tanto por parte do Goberno municipal como por parte dos e das traballadoras, apreciaríase de forma moi positiva que a empresa axude a cambiar a actual situación, na que parecen pecharse as vías de solución ao problema. Para iso sería moi conveniente que Alcoa se pronuncie de forma pública manifestando a súa vontade de manter a actividade industrial e o emprego”, solicítase na carta.


Documentos:

Carta de Xulio Ferreiro ao presidente de Alcoa España (1 MB)

Carta de Xulio Ferreiro ao director de Alcoa Inespal Coruña (853 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión