Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2015

Xa podes escoller a mellor actuación no Maratón Atlántica

O concurso AnimaciónCoruna42 elixirá as mellores actuacións que tiveron lugar durante a realización do maratón. Gozaches correndo ou vendo o maratón? E dos seus grupos de animación? Música, danza e masterclass deportivas amenizaron a carreira Coruña42 en 15 puntos distintos do percorrido e agora podes escoller cales foron as tres mellores actuacións. Cada un dos grupos de animación terá unha etiqueta que deberás empregar co teu voto, un diario ao día por usuario, que deberá ser seguidor da conta @coruna42.

Tanto se es público, como un dos valentes que participaron na proba, podes formar parte do xurado que escollerá a mellor animación de #Coruña42: a decisión está nas túas mans. O concurso #AnimaciónCoruna42 estase desenvolvendo na rede social Twitter dende o domingo 19 de abril ás 08.00 horas ata as 23.59 do domingo 26 de abril. Así mesmo, os corredores serán enquisados para coñecer a súa opinión sobre os distintos puntos de animación. Unha vez finalizado o prazo, o concurso cerrarase cun sorteo final para premiar a participación nel.

A forma de participar é moi sinxela. Só será necesario dispoñer dunha conta persoal en Twitter e ser seguidor da conta oficial do Maratón Atlántica (@Coruna42). Unicamente computarase un voto por usuario e día a través dun hashtag indicativo de cada un, excepto no caso dos Locais de Ensaio, que ao agrupar varios grupos compartirán a mesma etiqueta. Unha vez realizado o reconto, as tres animacións máis votadas recibirán un premio en metálico. Grazas ao patrocinio de Repsol, o grupo gañador recibirá un premio de 500 euros, e haberá un segundo premio de 300 e un terceiro de 200 euros. É fundamental que a etiqueta empregada sexa exactamente a que facilita a organización para que o programa informático a contabilice correctamente. A organización do concurso non se fará responsable dos votos non contabilizados que non cumpran este requisito. As etiquetas para empregar para que o voto sexa válido serán as seguintes:

Masterclass deportiva

  • Bokwa&Zumba Galicia Team: Paseo Marítimo, á altura da Coiraza #AnimaciónCoruna42GaliciaTeam
  • San Diego Zumba: Paseo Marítimo, á altura da Fonte dos Surfeiros. #AnimaciónCoruna42ZumbaSanDiego
  • Capoeira Coruña: explanada de Riazor. #AnimaciónCoruna42CapoeiraCoruña
  • Mahashakti Yoga: avenida de Salgado Torres. #AnimaciónCoruna42MahashaktiYoga
  • Sospechosos Habituales: aparcadoiro da Torre de Hércules. #AnimaciónCoruna42SospechososHabituales

Grupos musicais

  • Four Strikes: San Roque de Afuera. #AnimaciónCoruna42Fourstrikes
  • Miguel Alonso: As Lagoas. #AnimaciónCoruna42MiguelAlonso
  • The Decoders: Parque Alfonso IX. #AnimaciónCoruna42TheDecoders
  • Locais de ensaio (Say my name, Jules&TheWolf, The Sonic Headlight, Avézar, Almakoa, Us in the mirror, Bears&Beers): Casa do Sol e rúa Ramón y Cajal. #AnimaciónCoruna42Locaisdensaio
  • The Pyjamas: Tabacalera #AnimaciónCoruna42ThePyjamas
  • Rocket King: zona portuaria de San Diego. #AnimaciónCoruna42RocketKing
  • Daniel Royo: praza de Pontevedra. #AnimaciónCoruna42DanielRoyo
Lembra que tes de prazo para votar ata as 23.59 do día 26 de abril e que se realizará un sorteo entre todas as persoas votantes para premiar a súa participación. Grazas por participar na #AnimaciónCoruña42!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión