Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2022

Zelinda Spencer e Álvaro Marín brillan á luz da Torre

Máis de 2.400 deportistas inscribíronse á segunda proba do Circuíto Coruña Corre e á Andaina #IMPORTAEMOITO

Coa lanterna da Torre de Hércules iluminando ás persoas participantes no seu camiño a meta, Álvaro Marín Pérez e Zelinda Spencer foron os máis rápidos en completar os máis de 6 quilómetros de percorrido da X Carreira popular Torre de Hércules 'Trofeo José Antonio Varela Calviño'. Paralelamente, celebrouse a II Andaina Solidaria #IMPORTAEMOITO. Máis de 2.400 deportistas inscribíronse a ambos os eventos que se celebraron o sábado pola tarde.

Álvaro Marín (21:44) avantaxou en 19 segundos a Álvaro Presedo (22:03) e en máis de medio minuto a Abdelaziz Fatihi (22:26), que acabara segundo en Matogrande e completou o podio tras unha apertada disputa polo bronce. Rubén Liñares quedou a un segundo (22:27).

En mulleres, conquistou a proba Zelinda Spencer (25:40) e, como na proba masculina, a segunda clasificada chegou a 19 segundos. Foi Karina Callón (25:59). Xa a máis de dous minutos da vencedora cruzou a meta Nerea Sánchez (27:47).

Antón Gómez (23:01) e Alba Méndez (32:52) levaron a clasificación sub-23; Yago Ignacio García (22:30) e Lucía Vázquez (34:50), a sub-20, e Víctor García (32:15), a especial masculina.

David Murado (08:23) e Ararat Pazos (09:45) gañaron en sub-18; Brais García (08:33) e Alba Pena (09:26), en sub-16; Jesús Patiño (05:59) e Alba Morais (06:08), en sub-14; Josep Bastos (02:49) e Lucía Ageitos (02:53), en sub-12, e Hugo Cordal (02:58) e Paula Morais (03:31), en sub-10.

Os resultados da segunda xornada de Coruña Corre 2022 están dispoñibles na web https://corunacorre.com/é/web/resultado/evento-2234.

A seguinte proba, a terceira do circuíto, será a carreira de San Pedro de Visma o 8 de maio.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión