Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ano internacional de María Casares: Na Coruña

Infancia e familia

Muller nacida en 1922 na cidade da Coruña, no seo dunha familia de "señoritos" por vía paterna e de "cigarreiras" pola materna, as lembranzas que María Casares gardou das xentes, da cultura e, incluso, do ambiente en que naceu e foi criada foron precisas e fondas, ata o punto de que no seu libro de memorias "Residente privilexiada" non hai mais gran protagonismo que a súa familia, as amizades da infancia e unha Galicia "atlántica".

Santiago Casares Quiroga foi Concelleiro e seu avó Santiago Casares Paz foi Alcalde da Coruña no 1917.

A familia viviu no número 12 da rúa Panadeiras, nesa mesma rúa o número 56 albergaba o despacho de avogados familiar. No número 28 tamén residía a súa mellor amiga, que o sería de por vida, Pilar López-Nóvoa. María Casares conservou sempre duas fotografias exteriores da casa familiar.

María Casares foi alumna do Colexio Francés da Coruña no ano 1928, onde asistiu ás súas primeiras representacións cinematográficas e a clases de recitación. Será nesta escola onde entable ralacións duradeiras de amizade con Jose ́Naya Freijido e con PilarLópez-Nóvoa.

Ela sempre dixo que o seu primeiro e máis doloroso exilio foi ter que trasladarse da Coruña a Madrid con 8 anos.

María Casares definiuse en base a dúas ideas:

  • A súa infancia coruñesa e súa orixe galega
  • A lealdade ao exilio republicano

Próximas actividades

Sen resultados.

Máis actividades

O centenario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión