Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2025

A alcaldesa comparte coa directiva da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña o compromiso do goberno cos barrios da cidade

O Concello presentará este xoves no Ágora o calendario de encontros en todos os barrios da cidade ata finais de ano

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse esta mañá coa directiva da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, presidida por Luisa Varela, para analizar as principais necesidades da cidade e avanzar no Plan de Barrios 2025-27.

Durante o encontro, a rexedora anunciou a posta en marcha dun calendario con 26 encontros en todos os barrios da cidade ata finais de ano, co obxectivo de abordar o Plan de Barrios 2025-2027 e dar seguimento ás actuacións en marcha.

A rexedora destacou que este plan, que supón un investimento de 125 millóns de euros nos dez distritos da cidade, ten xa en marcha máis de 30 intervencións, con preto de 26 millóns en execución en puntos clave como Monte Alto, Os Mallos, os Cantóns, o Agra do Orzán ou a Sagrada Familia: "Trátase dunha folla de ruta que combina análises técnicos municipais coas demandas trasladadas polos colectivos veciñais, culturais, sociais e deportivos".

Ademais, a alcaldesa anunciou que o vindeiro xoves, ás 13.00 horas, no Centro Ágora, terá lugar a presentación oficial do calendario e das datas destes 26 encontros, nun acto ao que están convocadas todas as asociacións veciñais da cidade. Rey subliñou que "o futuro da Coruña constrúese cunha visión plural, onde os barrios teñen un papel protagonista e onde cada decisión busca mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión